Os servizos de emerxencias acoden a rescatar ao condutor dun vehículo envorcado en Guntín

Por o 19/05/2019 | Sección: Galicia,Lugo,Sucesos
Os servizos de emerxencias acoden a rescatar ao condutor dun vehículo envorcado en Guntín
Compartir en:

Os servizos de emerxencias acudiron esta madrugada ao concello lugués de Guntín onde un home resultou ferido ao envorcar co seu vehículo co que circulaba.

Segundo a información facilitada ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, o accidente produciuse ao redor das 02:30 horas da madrugada de hoxe. Foi nese momento cando os axentes da Garda Civil de Tráfico comunicaban ao 112 Galicia dun coche envorcado na estrada de Guntín a Palas de Rei, á altura do cruce de Carteire.

Decontado,  os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento dos servizos sanitarios de urxencia e do persoal do GES de Monterroso.

Finalmente, o home foi evacuado en ambulancia ao Hospital Polusa de Lugo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.