Os servizos de emerxencias rastrexaron durante todo o día a zona onde o mozo caeu á auga mentres pescaba en Camariñas

Publicado por o día 30/10/2018 na sección de Sucesos

Os servizos de emerxencias rastrexaron durante todo o día a zona onde o mozo caeu á auga mentres pescaba en Camariñas

Os servizos de emerxencia buscaron hoxe durante todo o día –sen éxito- ao mozo que caeu á auga cando practicaba pesca de caña nas proximidades da Ermida da Virxe do Monte, en Camariñas.

Nada mais recibir a primeira chamada de alerta, ás 14:30 horas deste domingo a través dos voluntarios de Protección Civil de Muxía, o 112 Galicia decontado puxo  a situación en coñecemento de Salvamento Marítimo, que enviou á zona o helicóptero Helimer e a embarcación Salvamar Altair. Ademais, por terra, sumáronse  efectivos de Protección Civil de Camariñas, Garda Civil,  servizos sanitarios de urxencia, persoal do Concello,  así como familiares, amigos e veciños do desaparecido.

A busca, tras ser interrompida ben entrada a noite, reiniciouse  á primeira hora desta mañá, sumándose ao dispositivo unha embarcación da Cruz Vermella, efectivos de Protección Civil de Muxía, de Ames e buzos da Garda Civil.