Os servizos de emerxencias rescatan a unha persoa que caeu dunha embarcación en Ribeira

Publicado por o día 24/07/2020 na sección de Sucesos

Os servizos de emerxencias rescatan a unha persoa que caeu dunha embarcación en Ribeira

Os servizos de emerxencias rescataron esta tarde a unha persoa que caeu á auga despois de envorcar a embarcación na que navegaba.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o suceso tivo lugar pasadas as cinco da tarde na Praia de Area Secada, en Ribeira. Alí acudiron os membros do Servizo Local de Emerxencias que conseguiron rescatar á persoa e trasladala a porto, onde esperaba unha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 por se fose necesaria a asistencia sanitaria.

Ademais, unha vez recibida a chamada de alerta no 112 Galicia, os xestores do servizo puxéronse en contacto co persoal do Salvamento Marítimo para coordinar o operativo de rescate no mar, para o que pediron a colaboración do Servizo de Gardacostas de Galicia. Sen embargo, pouco tempo despois, a persoa foi recollida polo equipo local de emerxencias sen necesidade de máis medios de intervención.

Comentar noticia

Your email address will not be published.