Os servizos de emerxencias traballan arestora na extinción dun incendio nunha planta de reciclaxe situada no Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas.
Segundo informan ao 112 Galicia, o lume afecta a unha das naves de contenedores de residuos sen que se rexistrasen danos persoais. Foron varios os veciños que percibiron as lapas, polo que chamaron ao 112 para dar conta da situación e facilitar a mobilización dos recursos de emerxencias. Eran as doce deste mediodía e desde entón os Bombeiros de San Cibrao, xunto cos efectivos de Ourense e os membros do GES de Pereiro de Aguiar, traballan para sufocar o incendio.
Ademais, contan co apoio dos axentes da Garda Civil e do Seprona que extreman a vixilancia sobre a contorna co fin de previr posibles derrames. Neste senso, indican que, ata este momento, a situación está controlada.
Noticias de última hora en Vigo