Os servizos de emerxencia municipais en alerta pola chegada da borrasca “Ana” atenderon en pouco máis de 24 horas máis de 150 chamadas por incidencias vencelladas ao que foi o primeiro gran temporal de chuvia e vento do outono e “tiveron 52 intervencións directas, resoltas todas” destacou hoxe a modo de balance o portavoz do Goberno local, Raimundo González.
Coordinados pola Concellería de Protección Cidadá, no operativo estiveron implicados a Policía Local, Bombeiros, Protección Civil, os servizos técnicos e as brigadas municipais, as empresas concesionarias e tamén algunhas das empresas colaboradoras co Concello en previsión de posibles requirimentos de maquinaria pesada.
As incidencias rexistradas en Pontevedra -inda que numerosas e de importancia para as persoas que as sufriron de xeito directo- foron todas “menores” sinalou González Carballo. Entre elas, aídas de polas, vallas e colectores desprazados, caídas de tellas, algunhas sinal de tráfico, poste telefónicos, desprendementos na iluminación ornamental, a caída dun muro en San Brais, outro en Acevedo…
Noticias de última hora en Vigo