Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun lume declarado nunha granxa de vacas en Silleda

Publicado por o día 04/01/2018 na sección de Sucesos

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun lume declarado nunha granxa de vacas en Silleda

Os efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento do Deza, xunto cos  membros de GES da Estrada e Lalín, traballan arestora para apagar un lume declarado no interior dunha granxa de vacas situada no lugar de Regalade, en Silleda.

No interior, ademais de rolos de herba seca, había un gran número de vacas, que, non obstante, segundo indicaron os bombeiros, estarían fóra da instalación. Con todo, é precisamente a cantidade de palla almacenada no interior o que está complicar a extinción, polo que sería necesario o emprego de maquinaria para retirar a herba seca e tratar de apagala fóra da cuadra.

En calquera caso, os efectivos de extinción informan de que a situación está controlada e que os efectos do incendio son evidentes na práctica totalidade da nave e parte do teito.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia activou o operativo de extinción minutos antes das sete desta madrugada cando recibiu a chamada de alerta dun particular.