Para Alternativa Canguesa de Esquerdas, é moi necesario impulsar pois, un debate en clave interna pero tamén en clave pública, pois é preciso abrir á cidadanía a necesidade de concretar tanto o compromiso de recuperación dos servizos públicos como a súa viabilidade tendo en conta os modelos de xestión aplicables na actualidade.
A coordinadora de Alternativa Canguesa de Esquerdas, con ese obxectivo, entende que é preciso abrir e concretar no plano da participación social e da xestión institucional os pertinentes estudos e propostas concretas que acrediten tanto a opinión como a decisión da veciñanza sobre algo esencial na xestión municipal.
Alternativa Canguesa de Esquerdasconsidera que, na medida en que no mes de maio remata a concesión da recollida e tratamento do lixo, xorde unha ocasión decisiva para pronunciarse e posicionarse sobre a recuperación e a xestión directa deste e doutros servizos públicos.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.