Os Servizos Sociais do Concello de Baiona tramitan as axudas da Xunta por fillo ou filla menor de 3 anos para o ano 2018

Por o 13/02/2018 | Sección: Baiona,Galicia
Os Servizos Sociais do Concello de Baiona tramitan as axudas da Xunta por fillo ou filla menor de 3 anos para o ano 2018

Os Servizos Sociais do Concello de Baiona tramitan as axudas da Xunta por fillo ou filla menor de 3 anos para o ano 2018, as familias poderán solicitar dita prestación ata o próximo 31 de marzo. Poderán ser beneficiarias da axuda as persoas que teñen fillos e fillas menores de 3 anos o 1 de xaneiro de 2018 (é dicir, nacidos entre o 2 de xaneiro de 2015 e 1 de xaneiro de 2018, ambos os incluídos) e que durante o ano 2016 nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin que o fixesen de forma voluntaria.

A prestación, consiste nun pago único por cada fillo ou filla menor de tres anos. Se se trata do primeiro fillo, a contía ascende a 360 euros, mentres que se é o segundo sobe a 1.200 e no caso de que sexa o terceiro ou sucesivos, a 2.400.

Esta axuda está dirixida ás unidades familiares co fin de paliar, na medida do posible, os gastos correspondentes aos primeiros anos de vida de cada menor de 3 anos.

Os interesados poderán tramitar a súa solicitude a través do Departamento de Servizos Sociais do Concello de Baiona, de luns a venres en horario de 9 a 14 horas. Cita previa e máis información chamando ao teléfono 986 38 59 26. A documentación común que deberá acompañar a solicitude é unha fotocopia do libro de familia completo, volante do padrón da unidade familiar e certificado do código IBAN da conta a nome do solicitante (pai, nai ou titor).

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.