Os Servizos Sociais municipais axudan na tramitación da Tarxeta Benvida e das axudas para fillos menores de tres anos

Todas as familias interesadas poden pasarse polas oficinas municipais os luns e os xoves de 10.00 a 14.00 horas para realizar as solicitudes
Publicado por o día 06/02/2020 na sección de Galicia,Ponte Caldelas

Os Servizos Sociais municipais axudan na tramitación da Tarxeta Benvida e das axudas para fillos menores de tres anos

Os Servizos Sociais municipais están a xestionar a tramitación da Tarxeta Benvida e a prestación económica por fillos menores de tres anos. Todas as persoas que queiran acollerse a estas dúas axudas poden realizar a tramitación nos Servizos Sociais municipais no horario de atención ao público: os luns e xoves de 10.00 a 14.00 horas.

A prestación económica por fillos menores de tres anos pode solicitarse ata o 10 de marzo e poden beneficiarse as familias con nenos de tres anos (nacidos entre o 01/01/2017 e o 31/12/2017) que non estiveses obrigadas a presentar a declaración de IRPF.

Con respecto á Tarxeta Benvida (axuda de 1.200 euros), poderán solicitala todas a familias que teñan un fillo nado en 2020 (ata 31 decembro) e o prazo para realizar a tramitación é de dous meses dende o nacemento do cativo. Poderán beneficiarse da ampliación desta axuda as familias que a obtivesen na convocatoria de 2018 e 2019 ou as que non a obtivesen e experimentasen unha variación á baixa da renda da unidade familiar que implique ter dereiro a ela (renda igual ou inferior a 22.000 euros anuais).