Comisións Obreiras, UGT e CIG convocarán folga no sector de elaborados do mar se a patronal non atende as reivindicacións. Actualmente, a negociación do convenio colectivo está bloqueada, precisamente, por culpa da parte empresrial. Como paso previo antes do paro xeral, haberá unha concentración o xoves desta semana, día 4 de outubro, no marco da feira Conxemar, en Vigo, como xa fixera CCOO o ano pasado.
Víctor Ledo, secretario xeral de CCOO-Industria, afirma que os sindicatos «xa estamos fartos» e advirte de que se podería convocar a folga a finais deste mesmo mes.
O voceiro de CCOO lembra que o dos elaborados do mar é un sector «precarizado» no que a maior parte do persoal son mulleres, aproximadamente as tres cuartas partes. En todo o Estado xera uns dez mil postos de traballo, a maioría en Galicia.
Noticias de última hora en Vigo