Os sindicatos SAGAP e PROSAGAL acordaron por unanimidade camiñar cara un proceso de fusión sindical

Por o 20/12/2017 | Sección: Prosagal,SAGAP,Sindicatos
Os sindicatos SAGAP e PROSAGAL acordaron por unanimidade camiñar cara un proceso de fusión sindical
Compartir en:

O pasado 13 de decembro, as Asembleas de afiliados/as dos sindicatos SAGAP e PROSAGAL acordaron por unanimidade camiñar cara un proceso de fusión sindical, que concluíu na constitución de PROSAGAP (sindicato dos Profesionais da Sanidade Pública Galega).

Este proceso explícase pola enorme similitude entre ambos sindicatos na lectura tanto da precarización  e perda de dereitos aos  que están sometidos os/as  traballadores do SERGAS como parte  da perversa política de acoso e derribo da sanidade pública por parte  dos gobernos central e da Xunta. 

Ademais disto, tanto SAGAP como PROSAGAL interpretamos que o descrédito que estaban a ter as centrais sindicais tradicionais por parte dos/as traballadores derivaba da bucrocratización dos seus dirixentes e do acomodamento e falta de contestación que, como organizacións, estaban a amosar  no actual contexto de crise. Fronte a estas actitudes, tanto SAGAP como PROSAGAL apostamos  xa  dende os inicios por un sindicalismo eficaz, participativo, unitario e democrático, emanado dos/as propios taballadores e que reclamase postos de traballo dignos e unha sanidade pública universal e de calidade, fronte ás políticas pactistas e de reparto de migallas características dos últimos anos.

Así, ambas organizacións decidimos unirnos  co fin de sumar esforzos e ser máis eficaces nas nosas revindicacións iniciando o noso camiño xuntos como PROSAGAP :  un espazo no que todos os /as traballadores do SERGAS poidan unirse e do que poidan participar, no que se sintan escoitados e representados.

Iniciamos pois,  con PROSAGAP un camiño de ilusión e traballo que agardamos que nos guíe á creación dun sindicato referencial no campo da sanidade galega, onde a honestidade e a defensa da nosa dignidade como traballadores sexan os pilares fundamentais. Un camiño  para recuperar a confianza  en que  outro  sindicalismo é posible  e necesario , un camiño de  ilusión  e traballo  para  que as cousas muden, un camiño  para seguir a dar voz os que traballando cada día teremos moito que dicir , un camiño de suma onde tod@s se sintan representad@s, escoitad@s e fortes!

Un sindicato que contribúa, en definitiva, na loita pola defensa da Sanidade Pública galega, que é en última instancia un dereito e unha conquista da cidadanía galega ao que non estamos dispostos a renunciar como sociedade e como traballadores.

A partires de agora , queda presentar a PROSAGAP como un  proxecto ante  os   compañeiros/ compañeiras de toda Galicia,  traballadores  co fin de demostrarlles que só entre todos/as, unidos, sen ataduras  de outra índole que non sexan defender  os  nosos dereitos, que outro  sindicalismo  é posible e que se  sumen  e   entre todos e pouco a pouco podamos facer con  humildade , traballo, honradez, este longo camiño que temos por diante.