Os socialistas censuran a “falta de diálogo” da Xunta fronte ás “lexítimas” reivindicacións do personal de Xustiza

A portavoz de Xustiza do PSdeG no Parlamento, Patricia Vilán, critica que Rueda “non se digna a sentarse cos traballadores”
Publicado por o día 15/02/2018 na sección de Política,PSOE

Os socialistas censuran a “falta de diálogo” da Xunta fronte ás “lexítimas” reivindicacións do personal de Xustiza

voceira de Xustiza do PSdeG no Parlamento, Patricia Vilán, participou hoxe na manifestación dos traballadores do sector en Galicia para esixir a fin da súa discriminación con respecto ao mesmo colectivo noutras comunidades, unha demanda “lexítima”.

Ao inicio da protesta, á que os socialistas dan apoio nas distintas cidades galegas, Patricia Vilán criticou que o vicepresidente da Xunta e responsable de Xustiza, Alfonso Rueda, saia “todos os días na prensa” pero que “non se digna a sentarse cos traballadores”, que están en folga indefinida desde o mércores da pasada semana.

“Amosa a falta de capacidade de diálogo que ten o PP”, remarcou a socialista, quen afeou a Rueda que sexan o director xeral de Xustiza e o director xeral de Función Pública, que “é o que realmente está mandando”, os que contacten cos traballadores.

Neste contexto, os socialistas xa presentaron varias iniciativas parlamentarias para reclamar a mellora das retribucións do persoal, que se repoñan as prazas que foron amortizadas e que se suprima a merma salarial nos casos de incapacidade temporal, entre outras medidas.