Os socialistas de Mos critican a falta de compromiso do Concello co 25N

Publicado por o día 14/12/2020 na sección de Galicia,Mos,Política,PSOE

O pasado 25 de novembro conmemorouse o Día Contra a Violencia de Xénero na que se busca implicar a sociedade para loitar contra a lacra dos asasinatos machistas, cuestión coa que as administracións deben implicarse. As accións levadas a cabo polo goberno municipal foron a colocacións de globos lilas por todo o concello e material publicitario, ademais dun minuto de silencio no concello.

O Partido Socialista de Mos xa criticou no seu día a utilización de elementos contaminantes, coma son os globos, posto que foron colocados e nos seguintes días estaban esparcidos polas beirrarúas. Tamén solicitaron actividades que veñan a reforzar a concienciación da cidadanía na repulsa desta lacra. Dende a bancada socialista non ven aceptable que se faga un gasto de 810€ na compra de globos e 1.815€ en material publicitario e o seu deseño. En definitiva, consideran que eses máis de 2.600€ poderían ser empregados en actividades de concienciación que demostren a implicación do Concello.

A voceira socialista, Victoria Alonso, reafirmase na necesidade de ter administracións que traballen por frear estes asasinatos e por educar en valores igualitarios. Considera inaceptable que se faga un acto que semella máis a unha festa que a conmemoración do día contra a violencia machista, e que se asuma un gasto de máis de 2.600€ en algo que se empregou para sacarse fotografías. Engade que a implicación coa loita contra a violencia de xénero ten que ir máis aló de actos para a foto e que esa mentalidade é a que non axuda a eliminar este problema que son os asasinatos machistas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.