Os socialistas de Mos denuncian a pasividade do goberno local co colexio de Atin

Publicado por o día 16/09/2019 na sección de Galicia,Mos,Política,PSOE

Os socialistas de Mos denuncian a pasividade do goberno local co colexio de Atin

O colexio de Atín leva un tempo esperando unhas reformas moi necesarias e que foron comunicadas o goberno local en múltiples ocasións. As necesidades máis urxentes que solicitan é unha rampa de acceso o centro educativo coma alternativa as escaleiras e substitución das ventas xa que as actuais son demasiado vellas e filtran aire.

Tras preguntar no pleno o noso concelleiro, José Antonio Mantilla, a rexedora di que están traballandonelo e que para o mes de setembro estarán rematadas. Mentres tanto outros membros do equipo de goberno popular din en redes sociais que non se fixeron porque a Xunta retrasouse pero tampouco aclaran cando van ter lugar.

Dende a bancada socialista denunciamos a falta de interese do goberno do Partido Popular por buscar un arranxo para unha situación de vital importancia e que nais e pais levan reclamando moito tempo. O concelleiro, Mantilla, repróchalle a rexedora que en pleno diga unha cousa cando en realidade sabe que as obras non terían lugar. Engade que o momento de acometer estas obras é en tempada estival cas e cos alumnos de vacacións porque no inverno a tarefa de substitución das ventas dificultase en gran medida.

O concelleiro recórdalle a rexedora que este foi un tema que en campaña electoral dixo que se iba a arranxar pero o colexio xa empezou nas mesmas condicións, aínda que cree que o motivo é que os inicios das obras podrían alongarse ata o ano para facelas coincidir coa campaña electoral de autonómicas aínda que espera que non sexa este o caso polo ben do alumnado.

Comentar noticia

Your email address will not be published.