Socialistas de Mos denuncian o estado de abandonos dos parques

Por o 02/08/2018 | Sección: Galicia,Mos,Política,PSOE
Socialistas de Mos denuncian o estado de abandonos dos parques

O Concello de Mos anunciou fai uns días o proxecto dun novo parque infantil no campo da Feira de Puxeiros financiado con fondos doutras administracións na meirande parte, a bancada socialista afirma que este proxecto forma parte dun grupo de propostas electoralistas que o Partido Popular ven facendo co ollo posto nas eleccións municipais dende sempre.

A portavoz socialista, Patricia Pérez, di que se alegra pola proposta de facer un novo parque en Puxeiros, xa que son zonas de interese para os máis cativos. Fronte a isto di que ademais de facer parques novos habería que mostrar máis interese polos que xa hai. Fai fincapé no estado de abandono no que se encontran a meirande parte dos parques, xa que se lle fai un mantemento mínimo provocando o deterioro do mobiliario e a deixadez da contorna, inclusive bancos e mesas que precisan arranxos urxentes polo deterioro das condicións climatolóxicas o que fai perigoso o uso destas areas. A concelleira socialista reclama que sendo época estival na cal os rapaces frecuentan máis estas instalacións, que se manteñan en estado óptimo para o desfrute das e dos cativos.

Sinala o caso do parque na zona do Pombal na parroquia de Louredo que resulta inaccesible para rapaces e veciñanza con mobilidade reducida pola situación da entrada, hai unha necesidade xeneralizada do control do crecemento da vexetación e mantemento dos areais nos parques como se pode comprobar entre outros casos o parque de Cel.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.