Os socialistas de Mos denuncian que o Concello non paga os monitores dos cursos que o tecido asociativo solicita

Publicado por o día 13/11/2019 na sección de Galicia,Mos,Política,PSOE

Os socialistas de Mos denuncian que o Concello non paga os monitores dos cursos que o tecido asociativo solicita

A bancada socialista faise eco das reclamacións por parte de diversas asociacións do concello, que din ter problemas para realizar os cursos subvencionados pola administración local. Son varios os colectivos que lle trasladaron o PSdeG de Mos as dificultades que están tendo para sacar adiante os cursos que ofertan a veciñanza.

Por unha banda, encóntranse con que os monitores do ano pasado aínda non cobraron e por outra que sabendo as dificultades de cobro, son poucos os monitores que se prestan a dar os cursos en Mos. Provocando que algúns colectivos véxanse na obriga de cambiar os cursos ou incluso ver a opción de prescindir de algúns dos cursos por dificultades de encontrar monitores.

Co pleno onde se aprobaron as contas do 2018 aínda recente no que a alcaldesa facía gala da súa boa xestión, Victoria Alonso di que esta é outra mostra da súa mala e ineficiente xestión económica e que ben a demostrar o pouco interese polas necesidades da veciñanza. Engade que estes cursos son vitais para a participación das e dos mosenses na vida social do concello, espera que se lle poña solución inmediata e que se restableza o bo funcionamento destes cursos.

Comentar noticia

Your email address will not be published.