Os socialistas de Mos reclaman o mantemento da fonte máis transitada do concello

Publicado por o día 07/09/2019 na sección de Galicia,Mos,Política,PSOE

Os socialistas de Mos reclaman o mantemento da fonte máis transitada do concello

No día de onte a portavoz Victoria Alonso e o concelleiro Alejandro Figueroa estiveron en Cela atendendo as reclamacións dos veciños da contorna en canto o estado da fonte do Carreteiro na costa da morte. Os socialistas din que dende que esta fonte foi feita o seu mantemento foi nulo; a iluminación avariada dende poucos meses despois de facela, as letras do nome e ano desaparecidas dende hai tempo e o que consideran máis grave, que en unha fonte onde moita xente do concello e dos concellos veciños paran a coller auga, este continuamente cheo de barro e follas facendo a utilización da fonte sexa un risco.

Din comprender o estado de banca rota do concello de Mos e que non haxa recursos para grandes investimentos pero reclaman un mantemento mínimo do patrimonio do concello. O grupo municipal socialista ven de por en aviso desta situación o goberno no pasado pleno do mes de Agosto. Onde ademais tamén reclamaron un estudo para regularizar o estacionamento dos usuarios que acceden a fonte do Carreteiro, xa que a día de hoxe hai momentos onde o tráfico que accede a nacional en esa intersección e o que quere acceder a Cela vese prexudicado por estes usuarios.