Os socialistas de Mos recriminalle ao goberno local non haber adherido o programa da deputación “Tecendo Lazos”

Publicado por o día 22/08/2019 na sección de Galicia,Mos,Política,PSOE

Os socialistas de Mos recriminalle ao goberno local non haber adherido o programa da deputación “Tecendo Lazos”

Esta semana publicouse a lista de concellos que solicitaron participar do programa “tecendo lazos” da Deputación de Pontevedra, obradoiros para persoas entre 6 e 99 anos de diversas temáticas que a veciñanza podería disfrutar de habelo solicitado. Este é un programa que ten coma obxectivo promover o intercambio de aprendizaxes e valores entre xeracións.

Dende a bancada socialista afirman que “outra vez a veciñanza mosense vese perxudicada pola mala xestión do Partido Popular, xa que fai meses denunciabamos que non se houbesen solicitado 2 obradoiros a Xunta e nesta ocasión rexeitan adherirse a un programa financiado pola Deputación de Pontevedra e para o que se destinan 60.000€”. “Esperamos unha explicación do motivo polo que Mos non vai tecer lazos entre a súa veciñanza”, tamén engaden que “dada a situación económica do concello pola cal nos consta que lle están dicindo as asociacións que non poden colaborar con elas por falta de fondos, pedímoslle o goberno local que deixen a prepotencia e non teñamos que ver escapar oportunidades aínda que esten financiadas por administracións doutra cor política”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.