Os socios do Centro Galego de Barcelona fan un novo percorrido polo Parque Natural do Montseny

Publicado por o día 11/11/2019 na sección de Eventos,Galicia

Os socios do Centro Galego de Barcelona fan un novo percorrido polo Parque Natural do Montseny

As camiñadas que organiza regularmente o Centro Galego de Barcelona volveron onte ao Parque Natural do Montseny, esta vez para facer un novo percorrido que partiu da localidade de Santa Fe. A entidade programa estas excursións co dobre obxectivo de fomentar a convivencia dos socios en actividades de lecer e de ampliar o seu coñecemento sobre o territorio e os valores naturais e culturais de Cataluña.

A diferenza da realizada en abril, que discorreu desde Aiguafreda por unha das serras máis afastadas do núcleo central do parque, a camiñada de onte seguiu un roteiro xa clásico neste enclave. Así, desde Santa Fe, os socios do Centro subiron ata o cume de Les Agudes (1.704 metros) e seguiron ata o Turó de l’Home (1.710 metros), o punto máis alto do parque. O roteiro continuou polo Puig Sesolles e o Turó Gros antes de baixar de novo a Santa Fe.

Os participantes gozaron no seu percorrido, de 12 quilómetros en total, de impresionantes vistas e do espectáculo de cor que ofrecen háxalas desa zona nesta época, ademais doutros valores como fontes ou pozos de xeo.

Declarado reserva da biosfera pola Unesco en 1978, o Montseny é o parque natural máis antigo e un dos máis importantes de Cataluña, que reúne comunidades vexetais propias dos tres biomas europeos: mediterráneo, eurosiberiano e boreoalpino e inclúe o bosque natural de abetos máis meridional de toda Europa.

Fotos

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.