Os socios do Centro Galego de Barcelona visitan unha exposición sobre o luxo nas antigas civilizacións

Guiados por Alfonso Villar, percorreron en CaixaForum unha mostra de obxectos prezados datados entre os anos 900 e 300 a.C.
Publicado por o día 29/05/2019 na sección de Cultura

Os socios do Centro Galego de Barcelona visitan unha exposición sobre o luxo nas antigas civilizacións

Os socios do Centro Galego de Barcelona visitaron esta tarde a exposición “Lujo. De los asirios a Alejandro Magno”, na que se ofrece unha visión sobre a importancia do luxo nas relación de comercio e poder das antigas civilizacións. Guiados por Alfonso Villar, socio da entidade e apaixonado da Historia, os participantes nesta actividade cultural percorreron en CaixaForum Barcelona unha mostra de obxectos prezados datados entre os anos 900 e 300 a.C.

A través de xoias, releves e obxectos de ouro, marfil, vidro ou metais procedentes do antigo Oriente Próximo e cedidos polo British Museum, a exposición reflicte a prosperidade e o dinamismo dos imperios asirio, babilónico, fenicio e persa ata chegar ao reinado de Alejandro Magno, nunha área –entre as actuais España e India- que constituía unha zona de paso crucial entre o Mediterráneo e Asia. Territorios caracterizados por loitas constantes e saqueos, ademais de polo comercio de materias primas, manufacturas e metais preciosos e cuxas civilizacións competían entre elas a través do consumo de obxectos de luxo.

A visita de hoxe enmárcase nas actividades de divulgación organizadas polo Centro Galego de Barcelona de forma paralela ás destinadas a promover a cultura de Galicia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.