Os socios e socias dos espazos +60 de Afundación coñecen Atenas e as illas gregas

O luns 2 de setembro partirán cara a Atenas onde estarán ata o próximo 9 de setembro
Publicado por o día 30/08/2019 na sección de Social

Os socios e socias dos espazos +60 de Afundación coñecen Atenas e as illas gregas

Afundación, a Obra Social de ABANCA, dentro dos seus programas de envellecemento activo, ofrece ás persoas maiores de 55 anos a posibilidade de realizar unha serie de viaxes, tanto nacionais como internacionais, coa finalidade de promover un lecer cultural, saudable e un punto de encontro, comunicación e sociabilidade para os seus participantes.

A seguinte viaxe que realizarán os socios e socias será a Grecia, que inclúe un cruceiro de tres días polas illas gregas, entre o 2 e o 9 de setembro. Visitarán, ademais da capital, Delfos, Mykonos, Patmos, Creta e Santorini.

A ÁREA DE ENVELLECEMENTO ACTIVO DE AFUNDACIÓN, A OBRA SOCIAL DE ABANCA

Afundación conta cunha rede de 11 espazos +60 na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo e Ferrol e nas localidades de Monforte, Betanzos, Viveiro e Pontedeume, con máis de 14.000 persoas socias. A Obra Social de ABANCA desenvolve a súa acción neste ámbito co reto de facilitar oportunidades para que as persoas maiores sigan desenvolvendo o seu proxecto vital a través de accións baseadas no modelo de envellecemento activo promovido pola Organización Mundial da Saúde (saúde, aprendizaxe permanente, participación social e seguridade). Estas accións

deben responder as súas necesidades e expectativas e adaptarse aos novos e diversos perfís que se incorporan, cun maior nivel de instrución e de manexo da internet.

Deste xeito, os programas levados a cabo nos espazos +60 de Afundación desenvólvense cunha proposta de máis de 900 actividades programadas durante todo o ano, ao redor de cinco liñas de traballo: saber+, cultura dixital, hábitos saudables, expresión artística e lecer activo e relacional coa programación de viaxes nacionais e internacionais e visitas culturais a museos, rutas históricas e naturais ademais da celebración de festividades tradicionais. Así, para 2018 programáronse cinco viaxes das cales tres foron internacionais, a Italia (Nápoles e costa amalfitana), Alemaña (cruceiro polo Rhin) e os fiordes noruegueses e dúas nacionais, ao País Vasco e Castela e León, nas que participaron máis de 600 viaxeiros.