Os socorristas sacaron da auga a tres persoas en dous operativos organizados nas praias da Lanzada, no Grove, e Coroso, en Ribeira.
Por fortuna, en ambos os dous casos as persoas atópanse en bo estado e puideron chegar á beira sen maiores dificultades.
O 112 Galicia recibiou primeiro o aviso dun surfista en apuros na Praia de Coroso. A persoa que o acompañaba botouse á auga para tratar de socorrelo e, finalmente, ambos os dous necesitaron da axuda do equipo de vixilancia da praia para saír da auga. Mentres o surfista foi remolcado por unha embarcación dos socorristas, a persoa que o acompañaba foi quen de chegar á beira polos seus propios medios.
Eran as 16:30 horas de hoxe cando se activou o operativo de rescate grazas á chamada dun bañista ao 112 Galicia.
Máis tarde, cando xa pasaban das seis da tarde, os socorristas do Grove tiveron que saír para rescatar a unha moza que arrastraba a corrente cando navegaba sobre unha colchoneta inchable. Como no caso anterior, a rapaza puido volver á beira coa axuda dos socorristas e en perfecto estado.
Noticias de última hora en Vigo