“Os Teatreiros”, unha iniciativa para achegar o teatro as máis cativas/os no Viso

Publicado por o día 22/09/2017 na sección de Cultura,Galicia,Redondela

A Sociedade Cultural do Viso ven de iniciar un novo proxecto centrado desta vez no mundo do teatro e na aprendizaxe de habilidades sociais a través de exercicios teatrais e contos. Esta anovadora actividade está deseñada para cativas e cativos de 6 e 12 anos e celebrase os mércores de de 17:30 a 19:00h. O obxectivo fundamental deste espazo é que as crianzas xogue, gocen, e o máis importante, que se relacionen e comuniquen nun entorno que se propón favorecer as relacións saudábeis. Realizaranse divertidos exercicios teatrais, buscando así que os cativos aprendan dotes de liderado, traballen en equipo, resolvan a timidez e vergoña, traballen a empatía, entre outros.

Unha actividade esta que parte dos propios intereses dos nenos e nenas, sendo sempre eles mesmos os que marcan a evolución e a actividade das clases, respectando así o seu ritmo natural.

En definitiva, “Os teatreiros” é un obradoiro no que se traballa coa intelixencia emocional, empregando sempre unha metodoloxía lúdica, oq ue se coñece popularmente como “aprender xogando”.

Para recibir máis información destes obradoiro, os interesados pódense dirixir ao correo electrónico acsmviso@gmail.com ou ao teléfono 622608278.