Os usuarios, satisfeitos co prototipo de bus eléctrico que cubre a liña C1

Caballero revelou que unhas 600 persoas empregan cada día este novo vehículo en probas na cidade, sendo Vigo a única urbe española na que se testa con pasaxeiros. Estes valoran que careza de ruídos e de emisións, a visibilidade e o espazo interior que ofrece, xunto á súa accesibilidade.
Por o 22/02/2019 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
Os usuarios, satisfeitos co prototipo de bus eléctrico que cubre a liña C1

Caballero revelou que unhas 600 persoas empregan cada día este novo vehículo en probas na cidade, sendo Vigo a única urbe española na que se testa con pasaxeiros. Estes valoran que careza de ruídos e de emisións, a visibilidade e o espazo interior que ofrece, xunto á súa accesibilidade. 

O alcalde trasladou este venres as primeiras valoracións “moi positivas” dos usuarios do autobús eléctrico, transmitindo a súa satisfacción por ser un vehículo con cero ruídos e cero emisións.

Destacan ademais, tal e como anotou Abel Caballero, as grandes cristaleiras que posibilitan unha vista atractiva da cidade, pois o eléctrico goza dun 20% máis que un autobús convencional. O espazo e deseño interior, comparado polo rexedor co dun tranvía, tamén é valorado polos usuarios, cun amplo corredor central e unha accesibilidade cómoda.

A empresa testa este vehículo eléctrico en Barcelona, Madrid e Vigo, sendo a olívica a única urbe na que soben os pasaxeiros. Vigo é especialmente interesante pola súa “orografía difícil” e demóstrase que “funciona magnificamente”, explicou Caballero.

“Está a ser unha gran experiencia”, valorou o alcalde vigués, “que nos levará a todos a ver que medidas tomamos no futuro unha vez se consolide esta forma de transporte de autobuses eléctricos”, concluíu.

Comentar noticia

Your email address will not be published.