Os veciños de Pego advirten do perigo de derrube dunha torreta de media tensión

Tanto Fenosa, como o concello e o servizo de Emerxencias da Xunta desoen as reiteradas queixas dos afectados.
Publicado por o día 05/07/2018 na sección de BNG,Galicia,O Porriño,Política

Os veciños de Pego advirten do perigo de derrube dunha torreta de media tensión

Os veciños do barrio de Pego advirten do perigo que reviste o estado dunha torreta de media tensión que se ubica a escasos metros das súas vivendas. O poste metálico que soporta o tendido eléctrico está visiblemente inclinado, o que provoca unha excesiva tirantez nos cables. Isto fai temer aos veciños polo risco de rotura do cableado, coas consecuencias que iso podería traer. O tendido atravesa unha zona de arborado moi denso e está tocando directamente as polas e nalgúns casos o propio tronco das árbores.

Os veciños quéixanse ademáis da falla de limpeza da zona. O trazado está cuberto pola maleza e Gas Natural Fenosa (agora Naturgy) non fixo os labores de desbroce e clareo do tendido a que está obrigada por lei.

O portavoz do BNG, que  estivo o martes pola tarde en Pego cos vecinos,  faise eco desta denuncia veciñal e lamenta que tanto a compañía eléctrica, propietaria da liña, como o Servizo de Emerxencias 112, dependente da Xunta, como o propio concello do Porriño, desoísen as reiteradas denuncias formuladas ante todos eles polos residentes no barrio.

Apoiamos aos veciños na súa reclamación, atendemos a súa preocupación polo perigo que reviste o mal estado da instalación    e demandamos unha solución urxente. Instamos ao goberno local a que de xeito inmediato requira a empresa para que subsane a deficiencia que presenta o tendido eléctrico e reforce as medidas de seguridade para as vivendas próximas.