Os veciños de Redondela implícanse na compostaxe e na reciclaxe activa

O Concello está a visitar algúns dos domicilios que contan con composteiros co fin de resolver dúbidas do proceso
Publicado por o día 04/04/2019 na sección de Galicia,Redondela

Os veciños de Redondela implícanse na compostaxe e na reciclaxe activa

O Concello de Redondela, dentro do seu Plan de Reciclaxe e Compostaxe Redondela (2016-2020), está a visitar algunhas das viviendas do municipio ás que se lle entregaron os composteiros domésticos co fin de comprobar como están a facer o compos, ver vos problemas cos que se atopan, resolver dúbidas e, en definitiva, poder ver os resultados obtidos.

O Concelleiro de medioambiente, Miguel Ángel Álvarez, indicou que a veciñanza estase a mostrar “moi implicada” no programa de compostaxe doméstico e que “está facendo moi ben as cousas”. O titular de medioambiente, quixo agradecer á veciñanza a súa implicación por pechar o ciclo dos residuos orgánicos, xa que evita que se leven máis refugallos a queimar a Sogama, co conseguinte aforro económico, entre outros beneficios.

Pola súa banda, o rexedor local, Javier Bas, indicou que este traballo que está a facer o Concello se fai notable nos datos obtidos en 2018, cando un a reciclaxe activa de envases de plásticos se incrementou un 21%, papel e cartón nun 30% máis e vidrio cun incremento dun 4%.

Bas destacou tamén a importancia da implicación das novas xeracións neste proceso para camiñar cara “un planeta máis sostible e cara unha vila máis ecolóxica e limpa”. Asimesmo, lembrou que os escolares están a participar en xornadas de limpeza e de sensibilización medioambiental, posto que hai uns días os alumnos do Colexio Vigo estiveron facendo unha recollida de refugallos na Praia de Cesantes. Nos centros escolares, tamén se están a deixar composteiros e ofrecéndolle xornadas informativas aos máis pequenos.