Os veciños dun edificio desaloxan o inmoble tras un incendio nunha vivenda en Vigo

Publicado por o día 04/02/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Os veciños dun edificio desaloxan o inmoble tras un incendio nunha vivenda en Vigo

Unha pota esquecida ao lume foi a causa dun incendio que obrigou aos veciños dun edificio a abandonar as súas vivendas e desaloxar o inmoble. Sucedeu na Travesía de Vigo, á altura do número 78.

Unha persoa particular contactaba co 112 Galicia ao fío das 23:10 horas para dar conta do incendio. Indicaba no seu relato que o edificio estaba cheo de fume e descoñecía de onde saía. Engadía que ningunha persoa se atopaba afectada polo fume.

Decontado, os xestores do CIAE112 puxeron os feitos en coñecemento da Policía Local e dos Bombeiros de Vigo, que sufocaron o incendio.

Incendio na terraza dunha cafetería en Vigo deixa danos materiais

Tamén en Vigo, uns minutos antes da 01:00 hora da madrugada de hoxe, varias persoas particulares chamaron ao 112 Galicia para informar dun incendio nunha terraza dunha cafetería na Rúa de Urzáiz, en Vigo.

Segundo se informou ao CIAE 112, había fume e chamas no exterior do establecemento e o material da terraza estaba ardendo.

De inmediato, os xestores do Centro integrado de Atención ás Emerxencias pasaron o aviso aos Bombeiros de Vigo, ao 061-Urxencias Sanitarias e á Policía Local.

Tras rematar as labores de extinción, os bombeiros confirmaron que ademais dalgunhas mesas exteriores, ardeu tamén o toldo do local e estalou o vidro da cafetería.

Incendio nunha casa en obras 

Por outra banda, tamén na madrugada de hoxe, ás 5:40 horas, o 112 Galicia tivo coñecemento doutro incendio na Rúa San Xoan do Monte, en Vigo, mediante a chamada dunha persoa particular. No seu relato, o alertante informaba que a planta baixa dunha casa en obras estaba sendo consumida polas lapas á altura do número 70.

Nada máis ter constancia dos feitos, o CIAE 112 Galicia alertou aos Bombeiros de Vigo e á Policía Local.

Os servizos de extinción confirmaron que tratouse dun incendio nunha casa en obras que non tiña mobles e que ardeu unha neveira,  ademais de danos materiais causados polo fume na estrutura da inmoble.

Comentar noticia

Your email address will not be published.