Os veciños dun edificio desaloxan por precaución o inmoble tras declararse un incendio no interior dun edificio en Marín

Publicado por o día 19/05/2019 na sección de Galicia,Marín,Sucesos

Os veciños dun edificio desaloxan por precaución o inmoble tras declararse un incendio no interior dun edificio en Marín

Un incendio na madrugada de hoxe nunha vivenda, obrigou a desaloxar aos veciños dun edificio de seis andares en Marín. Sucedeu na Travesía do Pumariño, á altura do número 14.

Foron varias as persoas particulares que contactaron co 112 Galicia para informar dos feitos, ao redor das 01:30 horas da madrugada de hoxe. Segundo o relato dos alertantes, víase saír moito fume dende o patio de luces do inmoble. Un dos veciños indicou, ademais, que a presenza do lapas no tellado do patio dunha das vivendas.

Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, puxeron en marcha un operativo que contou coa intervención dos Bombeiros do Morrazo, de Pontevedra e do Salnés, do persoal da Policía Local e Protección Civil da localidade e de Poio. Así mesmo, foron informados os servizos sanitarios, e os voluntarios de Protección Civil de Bueu, por se fose necesaria a súa colaboración.

Unha vez que as Forzas da Orde se achegaron ao local, confirmaron que os moradores foran desaloxados das súas vivendas para facilitar a labor de extinción por parte dos membros do Servizo de Prevención Extinción e Salvamento.

Tras rematar a intervención, os Bombeiros indicaron que ardeu por completo o primeiro andar e o ático do edificio o que provocou que as vivendas dos seis andares resultasen afectados polo fume. De momento, descoñécese a orixe do incendio.

Comentar noticia

Your email address will not be published.