Os veciños de Mos con problemas no sinal de televisión causados pola implantación do 4G teñen ata o 31 de agosto para solicitar o arranxo gratuíto

Poden chamar ao teléfono 900 833 999 da plataforma ‘Llega800’
Publicado por o día 16/08/2017 na sección de Galicia,Mos

Os veciños de Mos con problemas no sinal de televisión causados pola implantación do 4G teñen ata o 31 de agosto para solicitar o arranxo gratuíto

O 31 de agosto finalizará definitivamente o prazo para solicitar as actuacións gratuítas, por parte dos usuarios da TDT, polas posibles afectacións ocasionadas polas estacións.

Coa posta en marcha no municipio do servizo de telefonía móbil de 4ª Xeración (4G na banda de 800 MHz), este servizo pode producir afectacións na recepción de televisión dixital terrestre (TDT) dos/as veciños/as mosenses.

Por iso dende o Concello de Mos lémbrase que para solucionar estas afectacións e garantir que a posta en servizo das estacións base de telefonía móbil non afecte á TDT, a entidade ‘Llega800’ leva a cabo as actuacións técnicas necesarias nas instalacións de recepción dos usuarios de TDT. Estas actuacións son de carácter gratuíto para os cidadáns afectados ata o vindeiro día 31 deste mes.

De acordo á Orde Ministerial que regula este proceso, o prazo para solicitar as actuacións en caso de afectación por parte dos usuarios de TDT, é de seis meses desde a data de posta en servizo das estacións de telefonía móbil. Prazo que remata na mencionada data, a partir da cal deixara de ser sen custo para os cidadáns a resolución das incidencias na recepción da TDT.

Se os veciños do municipio queren poñerse en contacto con ‘Llega800’ para que lles resolvan gratuitamente calquera incidencia na recepción do sinal de televisión TDT, poden chamar ao 900 833 999 ata o día 31 de agosto.

 As operadoras de telefonía móbil, Telefónica, Vodafone e Orange, xa ofrecen en Mos servizos sobre a rede 4G na banda 800MHz, o que permite aos mosenses gozar de conexións móbiles de alta velocidade sobre tecnoloxía LTE (4G) cunha mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica. Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa Televisión Dixital Terrestre (TDT), os operadores puxeron en marcha ‘Llega800’, entidade encargada de solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión.

Coa chegada do novo 4G a Mos continúa o proceso de implantación que se está realizando de forma paulatina por toda a xeografía nacional dende xullo de 2016 e que culminará en marzo de 2018, data prevista para o despregamento total da tecnoloxía.

O despregamento 4G enmárcase nos establecido no Real Decreto 805/2014, do 19 de setembro, con data 1 de abril de 2015 no que se procedeu á liberación das frecuencias entre 790 e 862 MHz (canles 61 ao 69 de UHF) que ata entón empregábanse para a recepción da Televisión Dixital Terrestre, proceso tamén coñecido como Dividendo Dixital. A partir de entón, ditas frecuencias foron asignadas ás operadoras de telefonía móbil para prestar os seus servizos de telefonía móbil 4G.

Principais vantaxes: máis e mellor cobertura

Coa rede 4G abriuse a porta a innovadores servizos e aplicacións, ademais de proporcionar significativas melloras tanto na velocidade de descarga, como de envío de datos -fotos, música ou contidos audiovisuais de alta definición- ou permitir sacar o máximo partido a aplicacións online, como os videoxogos.

Esta rede avanzada de telefonía móbil introduce dúas melloras fundamentais. A primeira vantaxe consiste en que liquida moitos problemas relacionados con orografías complicadas onde tradicionalmente fallaba a cobertura. O seu outra vantaxe destacable é a gran penetración en zonas interiores dos edificios.

A nova xeración da tecnoloxía 4G tamén facilita a introdución de novos servizos na área empresarial e das administracións públicas, como aplicacións empresariais en mobilidade con alto contido multimedia ou o uso da videollamada, entre outros.

Ademais, a maior cobertura que alcanza o 4G na banda de 800MHz mellorará o servizo no interior de edificios e será a banda que permita estender xeograficamente o servizo de forma eficiente.