Os veciños socorren a un condutor que caeu co seu vehículo por un terraplén en Tomiño

Publicado por o día 22/01/2020 na sección de Galicia,Sucesos,Tomiño

Os veciños socorren a un condutor que caeu co seu vehículo por un terraplén en Tomiño

Os veciños axudan a un condutor que caeu co seu vehículo por un desnivel no Bouzón, en Tomiño.

Segundo indicaron ao persoal do 112 Galicia, romperon un cristal para sacar ao ferido do vehículo envorcado.

O accidente produciuse ao fío das dez desta mañá á altura dun domicilio situado no número 32 do Lugar do Bouzón. Alí acudiron os veciños para socorrer ao ocupante do coche que se saíu da vía e quedou envorcado nun desnivel. Tal e como explicaron, romperon un cristal para permitir ao condutor abandonar o vehículo e recibir asistencia médica. Por iso, aínda que os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros do Baixo Miño, os efectivos de salvamento descartaron empregar o equipo de excarceración porque a persoa estaba xa liberada e accesible.

Pola súa banda, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 evacuaron ao ferido ao centro hospitalario de referencia.