Abel Caballero, na súa visita de onte as instalacións deportivas ETEA, falou da praia da Punta, praia que presenta moitas deficiencias. A asociación veciñal de teis, nas últimas semanas ten reivindicado a necesidade dunhas actuacións urxentes, nunha praia con bandeira azul.
A praia da Punta, cando a marea está alta queda moi pouco espazo, o que provoca que a veciñanza este amoreada no formigón ou no peirao.
No espazo de formigón hai buratos, a rampla de aceso esta afundida e no paseo marítimo hai zonas sen firme.
O espazo existente a altura da praia (entre o paseo marítimo e o parque público) poderíase acondicionar como zona verde, o que permitiría que a veciñanza se colocase no mesmo, din desde a asosación. Na actualidade este espazo esta descoidado, cun terreo irregular e con vexetación.
É necesario desmontar a torre de vixilancia, a altura da praia da Punta, alarman que supon un perigo para a cidadania ao estar moi deteriorada e sen mantemento ningún, e xa producíronse algún desprendementos de pezas metálicas, afirman desde a asociación. Non chega con colocar un valado ao redor da torre, manifestan.
A praia da Punta e o entorno a ETEA, están infrautilizados, pola falta de interese e de xestión por parte do goberno municipal.
A praia da Punta, é unha praia que conta con bandeira azul e a máis concorrida de Teis, e non pode seguir coas actuais deficiencias.