Os vehículos de gas e os eléctricos os máis baratos para os consumidores segundo un estudo da OCU

O estudo analiza o custo total dos vehículos en función do motor durante toda a vida útil do mesmo
Por o 19/11/2018 | Sección: Motor,OCU,Social
Os vehículos de gas e os eléctricos os máis baratos para os consumidores segundo un estudo da OCU
A Organización de Consumidores e Usuarios ( OCU) organizou unha xornada para abordar a problemática da descarbonización do transporte privado en España.
 
Na xornada presentáronse os resultados dun estudo español sobre o custo total que teñen que soportar os consumidores ao longo da vida dun vehículo en función dos diferentes tipos de motores.
 
Para establecer o custo, o estudo levado a cabo por OCU tivo en conta os custos dos distintos combustibles (gasolina, diésel, electricidade, hidrogeno e gas) a depreciación dos vehículos, o mantemento, os seguros, o tempo medio de propiedade do automóbil, a quilometraxe, a proporción de condución en modo eléctrico para os coches híbridos enchufables, os custos financeiros e os impostos locais. O estudo levouse a cabo en diferentes segmentos de vehículos ( utilitarios, compactos e SUV) e para diferentes supostos de utilización (uso intensivo e medio).
 
Tendo en conta todos estes factores, os vehículos de gas (gas natural e GLP) e os eléctricos son os vehículos con menor custo para o usuario. Pola contra, os custos máis elevados son para os vehículos de pila de combustible (practicamente inexistentes en España) e para os vehículos de gasolina e diésel.
 
As conclusións xerais do estudo en España son similares ás do resto de países europeos. As tecnoloxías máis ecolóxicas serán cada vez máis baratas e o custo global destes coches será cada vez máis competitivo. Este feito é máis importante nos coches de segunda man, onde as diferenzas nos prezos de compra son menores.
 
OCU sinala que as principais diferenzas do modelo español favorecen aos coches eléctricos: por unha banda, o tempo de uso dun coche ata que se vende é maior que en Europa e, por outra banda, existe a tarifa supervalle cuns descontos no prezo da electricidade moi importantes.
 
Así mesmo, os impostos españois son relativamente altos para os vehículos que máis CO2 emiten (matriculación e prezo de combustible). Este feito é especialmente importante nos segmentos que máis consomen: todoterreos e vehículos de alta potencia. Ademais, estes impostos baséanse en conceptos antigos como a cilindrada e a potencia fiscal que non reflicten en realidade o seu impacto no medio ambiente.
 
Por iso, aínda que os coches de gas son os máis baratos nalgúns segmentos en España, OCU advirte da incerteza sobre esta situación nun futuro. As obrigacións á redución de emisións de CO2 poden prexudicar a este tipo de vehículos a medio prazo en favor dos coches eléctricos.
 
No caso de coches comprados para un uso intensivo, tamén hai vantaxes para as novas tecnoloxías, posto que o custo da fonte de enerxía é moito máis barato que o gasóleo e a gasolina.
 
Na xornada participaron representantes de 4 grupos parlamentarios que debateron sobre as implicacións que van ter para os consumidores o proceso de descarbonización do transporte privado que se vai a levar a cabo nos próximos anos e sobre as medidas necesarias para avanzar no proceso de descarbonización.
 
Neste sentido Pilar Lucio, portavoz do grupo parlamentario Socialista na Comisión de Transición ecolóxica, sinalou que “O Goberno está a traballar nun plan de medidas para a transición ecolóxica que pasa por un transporte público eficaz e medicas fiscais orientadas a que se cumpra o principio de quen contamina paga” pola súa banda Ana Madrazo portavoz de Consumo do grupo parlamentario popular, puxo de manifestou “a necesidade de chegar a un consenso entre administracións públicas, partidos políticos e cidadáns para trazar unha estratexia de loita contra o cambio climático intelixente e eficaz. Ademais da necesidade de revisar a fiscalidade ambiental para que se teña en conta os factores reais de contaminación.” Juantxo Lopez de Uralde portavoz do Grupo Unidos-Podemos na comisión de transición ecolóxica advertiu de “a necesidade de lexislar para conseguir o cambio e alcanzar o obxectivo común de limitar as emisións do transporte como forma de combater o cambio climático e mellorar a saúde e o benestar dos cidadáns”. Por último, Jose Luís Martínez do grupo parlamentario cidadáns na citada comisión fixo fincapé en “o papel ejemplarizante das administracións que controlan o 18% do PIB e que deben de dar exemplo na redución de emisións a través da contratación pública, Ademais pediu a revisión dos imposto hidrocarburos e a eliminación do imposto de matriculación”

Comentar noticia

Your email address will not be published.