Debido á boa acollida da gratuidade do Bus Turístico para o sábado 22 de setembro con motivo do Día Europea sen coches, Vitrasa decidiu ampliar a iniciativa tamén ao domingo 23. En tan só un día dende que se abrise o prazo de inscrición, completouse o aforo para as saídas previstas para o sábado día 22.
Para poder acceder a este servizo, os usuarios interesados terán que facer a súa reserva no teléfono 986207474, de 9:00 a 14:00 horas ata o 20 de setembro cun máximo de 8 persoas por chamada, achegando número de DNI e de telefono de contacto. As rutas partirán da parada de bus do C.C. A Laxe ás 10:00, ás 12:00, ás 16:30 e ás 18:30 horas.
A través desta iniciativa, os veciños de Vigo terán a oportunidade de coñecer os principais puntos de interese turístico da cidade dunha forma diferente. Durante o percorrido, que dura aproximadamente unha hora e media, os viaxeiros poderán apreciar as fermosas vistas da ría desde o monte do Castro, o miradoiro de Alfonso XII ou as praias de Samil, entre outros lugares.
Bus Histórico e liña C1
Vitrasa lembra que este sábado 22 de setembro, coincidindo co Día Europeo sen coches, tamén sacará á rúa o seu Bus Histórico “O Cometa”, símbolo da compañía pertencente á primeira frota que se presentou en Vigo no ano 1968. O obxectivo é que as viguesas e vigueses poidan coñecer un pouco máis da historia da compañía, conmemorando deste xeito o 50 aniversario da empresa.
O Bus Histórico arrancará do Paseo de Alfonso ás 10.00 horas con saídas cada 30 minutos ata as 14.00 horas e dende as 16.30 ás 20.00 horas (derradeira saída). Os usuarios poderán acceder ao
Bus en todas as paradas do seguinte percorrido: Porta do Sol, Policarpo Sanz, García Barbón, Isaac Peral e volta por G. Barbón, Porta do Sol e Paseo de Alfonso. A capacidade máxima durante
o percorrido será de 20 persoas.
O sábado tamén será gratuíta a liña C1 cos seus horarios habituais. Esta é unha das liñas con máis usuarios -unha media de 3.000 persoas empregan esta liña en sábado-, xa que realiza o seu
percorrido por numerosas paradas do centro da cidade.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.