Os vigueses Moon Cresta e Aurora & The Betrayers toman o testemuño no ecuador do novo ciclo musical ‘Solpores do Museo’

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a delegada territorial, Corina Porro, asistiron hoxe a este evento impulsado pola Xunta de Galicia no Museo do Mar de Galicia
Publicado por o día 08/08/2019 na sección de Cultura,Eventos,Galicia,Vigo,Xunta de Galicia

Os vigueses Moon Cresta e Aurora & The Betrayers toman o testemuño no ecuador do novo ciclo musical ‘Solpores do Museo’

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a delegada territorial, Corina Porro, asistiron hoxe a unha nova actuación de Solpores do Museo, o ciclo de concertos impulsado pola Xunta de Galicia que arrancou o pasado 24 de xullo. Nesta xornada os vigueses Moon Cresta e Aurora & The Betrayers tomaron a testemuña no ecuador desta programación musical no Museo do Mar de Vigo, un emprazamento emblemático en plena ría de Vigo e polo que discorre o Camiño de Santiago.

Ambos artistas conquistaron no solpor deste xoves ao público asistente no marco dunha iniciativa que naceu coa vontade de poñer en valor o traballo de artistas, tanto emerxentes como consagrados, a través dunha programación transversal con seis citas musicais que se celebrarán de balde durante este verán. Completan o cartel artistas da talla de Zenet, Joe Crepúsculo, Soleá Morente, Xosé Manuel Budiño, Bliusvai e Cora Velasco.

O 15 será a quenda de Soleá Morente e Xosé Manuel Budiño. Xa o xoves terá lugar a actuación de Joe Crepúsculo e a galega Cora Velasco, mentres que o vindeiro 29 de agosto celebraranse as últimas actuacións do ciclo a cargo de Zenet e Bliusvai.

Todos os concertos, para os que as entradas (1.800) esgotáronse en día e medio, están a celebrarse na terraza do restaurante do Museo do Mar de Galicia comezando as actuacións ás 20,30 h.

Comentar noticia

Your email address will not be published.