Os xogadores de futbolin mosenses agradecen ao concello de Mos o seu apoio

Por o 03/11/2018 | Sección: Galicia,Mos
Os xogadores de futbolin mosenses agradecen ao concello de Mos o seu apoio

O pasado mércores tivo lugar no salón de sesións do Concello de Mos unha recepción moi especial xa que se trataba de coñecer aos  xogadores mosenses de un deporte minoritario como é o futbolín.

Foron 6 os rapaces responsables da celebración o pasado mes de setembro do “III Master Rias Baixas” no acto explicaronlle aos asistentes en que consiste o seu deporte e as suas ganas de que non se perda esta aficción.

Ademais dos xogadores de futbolin, estiveron presentes na recepción a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro mosense de Deportes, Baldomero Lorenzo, o de Educación, Camilo Augusto, a concelleira de Cultura e Política Social, Sara Cebreiro; e demais edís membros do equipo de goberno local.

No Master Rias Baixas que tivo lugar no pavillón de Deportes de Sanguiñeda,  participaron un total de  200 personas.  Dividiuse en tres categorías: Categoría Élite, categoría Primeira e categoría Segunda. Ademais das competicións por categoría; celebráronse ao longo de toda a fin de semana diferentes partidos especiais como o evento “Feminino” no que a organización pretende incentivar o papel da muller neste deporte; unha pertida especial “Mixta” na que participan homes e mulleres de todas as idades;  e a “parellas cegas” que se trata de xogar con que sala elixido nun anterior sorteo no que entran todos os xogadores e xogadoras de todas as categorías.

O acto organizouse previa solicitude da organización para trasladar o seu agradecento ao Concello de Mos, polo seu apoio prestado nesta última edición. Pola sua parte a alcaldesa  adquiriu o compromiso do goberno local de dar o seu apoio a esta actividade nas futuras edicións considerando que é unha actividade que gusta moito á xente mais nova.

Comentar noticia

Your email address will not be published.