Óscar García formará parte do equipo de liga EBA do C. B. Seis do Nadal – Coia

Publicado por o día 14/07/2016 na sección de Baloncesto,Deportes

Óscar García formará parte do equipo de liga EBA do C. B. Seis do Nadal – Coia

Óscar García fomará parte do equipo de Liga EBA do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, entidade que competirá por primeira vez na súa historia en dita categoría.

Óscar García cumprirá a súa décimo primeira tempada no Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia. Incorporouse ás Escolas Deportivas do club na tempada 2006/2007 en categoría infantil masculina de primeiro ano. Na campaña 2009/2010 saltou ao deporte federado na categoría cadete masculina de segundo ano. Xa en categoría sénior viviu en primeira persoa os dous Ascensos a Liga EBA conseguidos nas tres últimas tempadas, e tamén viviu o segundo Ascenso a Primeira División na tempada 2012/2013.
Un gran exemplo de formación e crecemento dun xogador dentro da estrutura deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia. Óscar García comezou iniciándose no baloncesto nas Escolas Deportivas da entidade e once tempadas despois, ligado de forma ininterrumpida ao Seis do Nadal, será un dos integrantes do equipo de Liga EBA.
Para o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia é toda unha honra poder contar con Óscar García para o equipo de Liga EBA despois de todo o esforzo, sacrificio, compromiso e constancia que amosou o xogador tempada tras tempada.