Óscar García Junyent foi presentado este mércores no Salón de Rexio da Sede como novo adestrador do RC Celta. O preparador catalán, que xa suma dúas sesións cos seus novos xogadores, mostrouse ambicioso o potencial do equipo. “Hai vimbias pero temos que traballar nalgunhas cousas que son moi mellorables e aí é onde imos incidir moito”, apuntou o preparador celeste.
Ademais, Óscar García avanzou o que quería ver sobre o campo. “Quero que a afección senta orgullosa de como xogamos e do sentimento que temos á hora de xogar. Creo moito niso”, sinalou.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.