Oscar Ibáñez & Tribo + convidados no homenaxe a Ricardo Portela no seu 25 aniversario pasamento

Por o 19/01/2018 | Sección: Eventos,Pontevedra,Vigo
Oscar Ibáñez & Tribo + convidados no homenaxe a Ricardo Portela no seu 25 aniversario pasamento
Compartir en:
O espectáculo AIRES DE PONTEVEDRA está creado a partires da publicación do último traballo discográfico de OSCAR IBÁÑEZ que leva por título “AIRES DE PONTEVEDRA. Homenaxe a Ricardo Portela – 25 Aniversario Pasamento” (Inquedanzas Sonoras, 2017), que gravou integramente coa gaita orixinal do propio Ricardo Portela.
A diferencia do CD, que OSCAR IBÁÑEZ gravou no máis puro estilo tradicional e dentro do singular estilo porteliano, neste espectáculo revisa dende a súa faceta artística e dentro dunha estética folk, os temas máis característicos do célebre Gaiteiro de Viascón, enriquecéndoos con arranxos frescos e cos timbres do seu grupo de directo OSCAR IBÁÑEZ & TRIBO, co obxectivo de contribuir á actualización, difusión e universalización da música de Ricardo Portela.
Estes tres concertos, que OSCAR IBÁÑEZ deseñou para dar peche aos actos conmemorativos do 25 Aniversario Pasamento do Gaiteiro de Viascón, levaranse a cabo nos tres concellos estreitamente relacionados coa vida de Ricardo Portela, Cerdedo-Cotobade, ao que pertence Viascón, o seu lugar de nacemento, Vigo, onde vivíu a partires dos 12 anos e onde se desenvolveu musicalmente ao longo de toda a súa vida e Pontevedra, onde fixou a súa última residencia á volta da súa emigración a Venezuela ata a súa morte en 1992 e onde desenvolveu a súa labor docente fundamentalmente.
Nesta xira homenaxe a Ricardo Portela de OSCAR IBÁÑEZ participan os músicos habituais da súa TRIBO Fernando Fraga, acordeón, Ioana Pérez, violín, Carlos Calviño, guitarra, Paco Dicenta, baixo e Andrés Vilán, batería e percusión, xunto cun amplo elenco de artistas invitados entre os que figuran Anxo Pintos, Begoña Riobó, Xosé Liz, Marcos CamposFrancisco Estévez “Chuco”Wenceslao Cabezas “Polo”, Álvaro Novegil, José Luis LemaCarla Villanueva, bailadores do Fiadeiro e de Celme e a Compañía de Danza Contemporánea Jesús Quiroga, entre outros.
20 de xaneiro, 21 h
AUDITORIO MUNICIPAL DE VIGO
27 de xaneiro, 21 h
TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA
 
3 de febreiro, 19 h
AUDITORIO DE CERDEDO-COTOBADE
ENTRADA DA BALDE