Ourense tremeu nesta pasada noite

Publicado por o día 15/10/2018 na sección de Galicia,Ourense,Sucesos

Ourense tremeu nesta pasada noite

O Instituto Xeográfico Nacional rexistrou a pasada noite un total de tres tremores de terra de magnitude 3.2 con epicentro en Laza, de 3.3, con epicentro en Trasmirás e outro coa mesma magnitude e con epicentro en Sarreaus.  Foron percibidos pola poboación pero, por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia recibiu chamadas de distintos veciños, que aseguraban sentir como estoupidos, tamén, dende Verín, deixáronse notar, relatando os veciños de sentir como se movía o chan. En ningún caso, se chegaron a producir danos persoais nin materiais.