Outro arboricio indiscriminado en Vigo

Na ribeira do Lagares no tramo do sendeiro fluvial do río entre Balaidos a Samil esta semana se cercenaron preto de 30 árbores (salgueiros, choupos e amieiros), arboriñas (sabugueiros e salgueiros pequenos) e toda a flora de ribeira (tanto prantas exóticas como autóctonas).

Tratase da típica “limpeza” con tala, poda indiscriminada e desbroce realizada por unha máquina desmalezadora que danou gravemente o sistema ripario afectando a cobertura vexetal e a fauna que alberga. Neste periodo invernal o bosque de ribeira é o sustento de gran número de aves e hábitat de anfibios e reptís.

A destrucción do bosque en galería modifica a insolación nas augas do río e empeora a sua calidade aumentando a temperatura da auga.

No momento de tomar as fotografías duas lontras avanzaban augas arriba do río buscando alimento. A lontra é un indicador de que o río ten peixes e mellorou en calidade, é necesario respetar a vexetación de ribeira e as limpezas de vexetación deben facerse de forma adecuada por persoal especializado para asegurar que non se destrue este ecosistema tan valioso e beneficioso para os cidadáns que o usan coma zona saudable a diario.

Nado en Vigo hai 38 anos. Fotógrafo, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario