Ovidio Rodeiro destaca o importante labor da Fundación Ronsel para facilitar a inserción laboral entre os colectivos en risco de exclusión

O delegado territorial da Xunta na Coruña visitou este centro beneficiado pola orde de axudas a entidades de iniciativa social para promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios
Publicado por o día 04/04/2019 na sección de Social,Xunta de Galicia

Ovidio Rodeiro destaca o importante labor da Fundación Ronsel para facilitar a inserción laboral entre os colectivos en risco de exclusión

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou, esta mañá, a Asociación Ronsel que realiza unha importante labor para acadar a inserción laboral de todas as persoas, con especial incidencia nos colectivos en risco de exclusión, cunha especialización dirixida aos mozos e mozas, ás mulleres, á poboación inmigrante e ás persoas en situación de desemprego de longa duración.

A Fundación Ronsel é unha entidade benéfico-docente, inscrita no Rexistro de Fundacións de Interese Galego baixo o Protectorado da Xunta de Galicia. Tamén está inscrita no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais na Comunidade Autónoma de Galicia. O representante do goberno autonómico destacou que se “creou no ano 2000 co obxectivo de facilitar a ocupabilidade dos máis necesitados e mellorar a empregabilidade das persoas en situación de desemprego”.

A Fundación Ronsel dispón de catro áreas funcionais de traballo: orientación laboral, intermediación, formación ocupacional e asesoramento para a creación de empresas-autoemprego. Ovidio Rodeiro comprobou o traballo que realizan cos colectivos en risco de exclusión.

Rodeiro informou que “esta asociación no ano 2018 atendeu a máis de 700 persoas e realizou máis de 3.000 atencións nos distintos programas de migración”

Ronsel forma parte das asociacións beneficiadas pola orde de axudas da Consellería de Política Social a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e de inclusión social.

Segundo aclarou Ovidio Rodeiro son subvencionables varios tipos de servizos e actuacións:

– Funcionamento e inversión en centros de inclusión e de emerxencia social
– Actuacións singularizadas que constitúan a totalidade ou parte dun programa de carácter innovador e/ou complementario dos servizos sociais comunitarios básicos ou prestacións vinculadas ao desenvolvemento de determinados servizos sociais de inclusión, incluíndo aqueles dirixidos de forma exclusiva á poboación inmigrante especialmente os programas para fomentar a súa integración laboral.