Pablo Casado e Núñez Feijóo, protagonistas dun novo #foroVigo sobre a unidade de España

Elena Muñoz anuncia que o encontro cos presidentes nacional e rexional do Partido Popular terá lugar o vindeiro xoves día 14 na sede do Real Club Celta
Por o 12/02/2019 | Sección: Galicia,Partido Popular,Política,Vigo
Pablo Casado e Núñez Feijóo, protagonistas dun novo #foroVigo sobre a unidade de España
A presidenta do Partido Popular de Vigo, Elena Muñoz, anunciou hoxe a celebración, o vindeiro xoves día 14, dun novo #foroVigo que contará como protagonistas con Pablo Casado e Alberto Núñez Feijóo.
 
“Hai 15 días iniciabamos, con Suárez Illana, este espazo común no que compartir e tratar temas de interese para os vigueses. E hoxe podo anunciar que imos celebrar un novo foro este xoves sobre a unidade de España”, detallou.
 
Un tema que, como expón a popular, “sen dúbida ocupa e preocupa moito aos vigueses, tal e como puiden verse o pasado domingo na concentración da Praza de Colón”.
 
Elena Muñoz detallou que o encontro cos presidentes nacional e rexional do PP terá lugar ás 19 horas no Salón Rexio de “A Sede” do Real Club Celta de Vigo.
 
A presidenta do PP de Vigo resaltou que “o foro está aberto a toda a cidadanía, independentemente de se é afiliado ou simpatizante do Partido Popular”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.