Pablo González convértese na primeira incorporación do equipo de liga EBA do C.B. Seis do Nadal – Coia

Publicado por o día 02/08/2016 na sección de Baloncesto,Deportes

Pablo González convértese na primeira incorporación do equipo de liga EBA do C.B. Seis do Nadal – Coia

Pablo González convértese na primeira incorporación para o equipo de Liga EBA do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia da presente tempada 2016/2017, primeira tempada na historia da entidade que se competirá en dita competición.

Pablo González, nado no ano 1989 e alero de 1,96 metros de altura, incorpórase ao Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia. Comezou a xogar no San Narciso de Marín en categoría alevín de primeiro ano e alí formouse ata categoría cadete. En categoría júnior xogou co Marín Peixegalego, club no que, como xogador sénior, xogou na Liga EBA desde a tempada 2007/2008 ata a tempada 2012/2013.


Sergio González, adestrador do novo equipo de Liga EBA, valora de Pablo González a súa ampla experiencia na competición, categoría na que competiu a moi alto nivel co Marín Peixegalego. Para o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia é todo un pracer poder contar con Pablo González na súa plantilla da Liga EBA, xogador que apostou desde un primeiro momento polo proxecto deportivo que lle presentou a entidade.