O secretario xeral de Podemos e vicepresidente do Goberno, Pablo Iglesias, e a ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, participarán mañá na presentación do candidato de Galicia en Común-Anova á Presidencia da Xunta, Antón Gómez Reino, que se celebrará no Palexco de A Coruña (Peirao de Trasatlánticos, s/n) a partir das 18h.
As xornalistas e medios de comunicación interesadas en cubrir o acto, que será aberto ao público, poderán acreditarse antes do mesmo no escritorio de Prensa habilitado ao efecto.
Noticias de última hora en Vigo