Pablo Iglesias: “O vindeiro domingo á imaxe será a de familias enteiras indo cun sorriso a votar polo cambio. Porque imos gañar as eleccións e dicir, orgullosos, o pobo é quen máis ordena”

Publicado por o día 18/12/2015 na sección de Elecciones Generales,En Marea,Política

Pablo Iglesias: “O vindeiro domingo á imaxe será a de familias enteiras indo cun sorriso a votar polo cambio. Porque imos gañar as eleccións e dicir, orgullosos, o pobo é quen máis ordena”

Yolanda Díaz: “Estamos construíndo unha alternativa de vida para todos e todas nós, estamos pensando no futuro das nosas vidas”

Antón Sánchez: “Rajoy tentou coller un flotador laranxa para se protexer da Marea despois das municipais pero estáselles desinflando e tamén a eles os vai levar a Marea”

Xulio Ferreiro: “Cambiamos as políticas dos Concellos, imos cambiar as do Estado e incluso darlle unha volta a Europa. Queremos un presidente con coleta”

Salón de actos, pranta baixa da facultade, e a propia entrada da rúa á facultade de Económicas e Empresariais do campus de Elviña da Coruña quedaron pequenos para acoller a toda a xente que quixo amosar a súa ilusión e apoio á candidatura de En Marea e ao secretario xeral de Podemos e candidato á Presidencia do Estado, Pablo Iglesias. Nun mitin marcado pola esperanza e a convicción de que “o vindeiro domingo o cambio vai chegar tamén ao goberno do Estado”, Pablo Iglesias pediu  qué “a imaxe do vindeiro domingo sexa familias enteiras indo cun sorriso a votar polo cambio”. “É fundamental estes días dicirlle aos avós e avoas que estamos orgullosos deles, de que se partisen as costas por un futuro mellor, agora teñen novamente que votar xunto cos seus netos e netas polo cambio que lles permitirá ter un futuro” afirmou Pablo Iglesias.

Iglesias incidiu en que “estamos vivindo unha nova transición que hai que enfrontar con altura de Estado, “que ten que ver coa cuestión territorial e con o que o 15M puxo enriba da mesa, que os cidadáns reclaman máis democracia”.

“Os adversarios políticos comezan a perder a cabeza e nótaselles, están intentando recuperar nos últimos minutos de partido o que antes non foron quen de facer” sinalou Iglesias. “Imos continuar dicindo as cousas de xeito contundente pero sen necesidade de enfadarnos, e por iso o dicimos claramente, o podemos facer mellor que o PP” afirmou.

O vindeiro domingo, “se facer ruído, sen que ninguén se dea conta o vindeiro domingo van ir a coller a súa papeleta e depositala na urna, e así pouquiño a pouco, persoa a persoa imos a gañar as eleccións” anunciou Pablo Iglesias., unha vitoria que ademais salientou “vai ter ton, estilo e actitude de muller. Un ton de escoita, que non berra pero ten a firmeza e comprensión propia das nais cos seus fillos e fillas”.

A número 2 ao Congreso de En Marea pola Coruña, Yolanda Díaz, destacou que “fomos quen de mudar a situación desde as rúas, desde as prazas, porque unidos somos poderosísimos e eles o saben por iso teñen medo”. “Estamos construíndo unha alternativa de vida para todos e todas nós, estamos pensando no futuro das nosas vidas. Para iso, esiximos a dación en pago con carácter retroactivo, que ningún ser humano quede sen luz porque non poda pagar a factura, derrogar a reforma laboral do PP e do PSOE, modificar o sistema tributario para que Amancio Ortega pague como o resto de nós” remarcou Yolanda Díaz. “A súa polivalencia funcional que obriga as empregadas dos supermercados a ter que limpar as cristaleiras e o chan cando remata a xornada laboral,a esa polivalencia súa nos lle dicimos que é explotación laboral” denunciou a número 2 de En Marea.

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, amosou a súa satisfacción de ver caras de ilusión e sorrindo “porque da ilusión está a esperanza que sodes vós”. “Ver caras de ilusión e sorrindo, non as vexo nos mitin do PP. Debe ser porque o PP fala da “España en serio”, vai ser iso” chanceo Xulio Ferreiro. “Demostramos que non fai falla traxe e garabata para gobernar, tamén se pode gobernar con camisa de cuadros” asegurou. O alcalde herculino asegurou que “ter conseguido desafialos foi xa unha vitoria, gañar as municipais outra, demostrar que se pode facer política doutro xeito foi outra vitoria. As vindeiras son unha o domingo e o ano que ven as autonómicas”. Por iso, Xulio Ferreiro animou a ir a votar o vindeiro domingo “con orgullo, afecto e con fame. Orgullo de ser quen somos, con afecto polos que xa están aí como Ada, Martiño, Jorge, á Marea Atlántica… porque o que aconteza o domingo nos vai apoiar; e con fame porque non nos chega, porque queremos Concellos Estado e Xunta de Galicia. Cambiamos as políticas dos Concellos, imos cambiar as do Estado e incluso darlle unha volta a Europa. Queremos un presidente con coleta” concluíu o alcalde da Coruña.

O vicevoceiro de Alternativa Galega de Esquerda, Antón Sánchez, pola súa banda asegurou que En Marea será o instrumento político da maioría social que permita o cambio, “unha ferramenta que fará realidade o noso soño de mudar as cousas colectivamente para ser, tamén en Galicia o que decidamos que queremos ser. Reivindicamos deixar de ser a periferia do Estado”. “En Marea somos os traballadores de Alcoa, os mariñeiros do cerco, os preferentistas, os economistas que queren reformar o sistema fiscal, as vitimas do Alvia en Angrois… e démonos conta de que xuntos somos Marea e que contra á marea non hai quen poda” dixo Antón Sánchez.

O acto que rematou unha vez máis co berro de ‘Hai Marea’ rematou co chamamento de Pablo Iglesias á votar En Marea o vindeiro domingo porque “somos a alternativa máis eficiente e  real ao PP y por iso todos xuntos imos ganar las eleccións” . “O vindeiro domingo poderemos dicir, orgullosos, o pobo é o quen máis ordena” concluíu.