Pablo Iglesias súmase mañá nun acto electoral na Estación Marítima á lista de líderes da esquerda e deputados e deputadas do Estado e de Galicia que piden o voto para a Marea de Vigo

A candidatura recibiu videos de apoio de, entre outras persoas, Alberto Garzón (IU), Antón Gómez Reino (Podemos Galicia), Antón Sánchez (Anova), Yolanda Díaz (En Común-Unidas Podemos), Xosé Manuel Beiras (Anova) ou Eva Solla (EU).
Por o 21/05/2019 | Sección: Galicia,Marea Vigo,Política,Vigo
Pablo Iglesias súmase mañá nun acto electoral na Estación Marítima á lista de líderes da esquerda e deputados e deputadas do Estado e de Galicia que piden o voto para a Marea de Vigo
Compartir en:

O deputado e secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, participa as 12:30 horas de mañá, mércores 22 de maio, na Estación Marítima de Transatlánticos de Vigo nun acto electoral en apoio da candidatura da Marea de Vigo. Neste acto falarán tamén o candidato á Alcaldía, Rubén Pérez, e as persoas que ocupan os primeiros postos da candidatura: Oriana Méndez, Xaquín Pastoriza e Estela Miller.

Pablo Iglesias súmase así aos líderes da esquerda e deputados e deputadas do Congreso e do Parlamento de Galicia que pediron ao longo desta campaña o voto para a candidatura da Marea de Vigo.

Nos últimos días, Marea de Vigo ten publicado nas súas redes sociais algunhas destas mostras de adhesión. Onte mesmo, o coordinador federal de Izquierda Unida e deputado de Unidas Podemos, Alberto Garzón, enviou un video no que traslada o seu “apoio á candidatura da Marea de Vigo, encabezada por Rubén Pérez, unha persoa extraordinaria que representa os valores e principios da esquerda na que cremos aqueles que queremos mellorar a vida das familias traballadoras e de os nosos barrios”.

Anteriormente, o deputado e coordenador nacional de Anova, Antón Sánchez, manifestara nun video difundido nas redes que “os datos e a realidade na cidade de Vigo dinnos que precísanse gobernos que prioricen ás personas nas súas políticas, que prioricen as políticas sociais, corrixan as desigualdades e garantan os dereitos a unha vivenda ou un trabalo dignos, ou atención sanitaria”. Por iso, engadiu, “é necesario que Marea de Vigo teña o apoio cidadán suficiente para condicionar as políticas que se fagan dende o Concello”.

A deputada no Congreso de En Común-Unidas Podemos Yolanda Díaz tamén pediu o voto para a cadidatura da Marea de Vigo porque “non fai falla que diga que Vigo é unha das cidades mais relevantes para o noso país e é imprescindible que configuremos unha alcaldía do cambio mais”. O secretario xeral de Podemos en Galicia, Antonio Gómez Reino, enviuo todo o seu “apoio aos compañeiros e compañeiras da Marea de Vigo”. E engadiu que “dende En Común, e tamén dende Podemos Galicia imos estar con eles e elas para poñer en valor o seu traballo no Concello e, sobre todo, para poñer enriba da mesa que é fundamental que a Marea de Vigo estea e estea forte na próxima composición do Concello de Vigo”.

A deputada no Parlamento de Galicia e coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla pediu o voto para a Marea de Vigo, “que ten o aval de catro anos de traballo” porque “non queremos unha cidade que se despreocupe das persoas sen recursos e persoas sen teito, expulsándoas, como está acontecendo no Barrio do Cura, sen ningunha alternativa habitacional”. Solla engadiu que “non queremos un Vigo que construa sen ningún tipo de control, e que facilite pelotazos urbanísticos para que se fagan centros comerciais que maten ao pequeno comercio”.

Xosé Manuel Beiras, pola súa banda, dixo que “polo ben común é o único obxectivo que pode xustificar e lexitimar unha candidatura que naza do pobo e que sexa para o pobo”. Polo tanto, manifestou, “apoio á candidatura da Marea de Vigo que, precisamente, vai loitar no Concello polo ben común de toda a cidadanía”

Comentar noticia

Your email address will not be published.