O músico Paco Nogueiras será o invitado da sesión de contos para bebés que se realizará este mércores ás 17:30 horas en LIBROS PARA SOÑAR. O artífice dos temas do libro-disco “Brinca Vai!” ofrecerá, nesta ocasión, unha pequena sesión de contacontos e música na que o repertorio estará formado polo conto tradicional “Chibos chibóns”, o poegrama “Violín” da colección “Do berce á lúa”, e “Colores” de Leo Lionni. Será pois, unha sesión cun gran predominio da canción e da melodía como ferramentas para entreter os meniños e meniñas, estimulando a súa percepción do ritmo e da sonoridade.
Non será a única actuación de Paco Nogueiras, que voltará a LIBROS PARA SOÑAR este venres día 13, ás 18:30 horas, para protagonizar a sesión habitual de contacontos, cun concerto no que incluirá algunha canción do seu “Brinca Vai!”, ilustrado por David Pintor e con vídeos musicais do artista visual vigués José Miguel Sagüillo. Entre os temas que vai interpretar non faltará “O Entroido move o corpo”, a propósito destas festas tan celebradas polos nenos e nenas, que poderán acudir a LIBROS PARA SOÑAR lucindo os seus disfraces.
Ademais, Paco Nogueiras contará contos que complementará con melodías de creación propia.
PRENSA KALANDRAKA
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.