Pacs en pé de guerra concentrásense o xoves 13 na Conselleria de Sanidade ante a falta de resposta á peticion de medición e ao incumprimento reiterado dos servizos mínimos

Publicado por o día 11/06/2019 na sección de Protestas,Sanidad

Pacs en pé de guerra concentrásense o xoves 13 na Conselleria de Sanidade ante a falta de resposta á peticion de medición e ao incumprimento reiterado dos servizos mínimos
Os representantes dos diferentes Pacs de toda Galicia reuníronse estes días cos traballadores nas súas respectivas áreas , para avaliar o acontecido coas coberturas durante as últimas semanas e seguir planificando as próximas accións mentres se segue á espera de que o Sergas sente de novo a negociar. Habemos de lembrar que desde o Comité de Folga está solicitada unha reunión co Conselleiro desde o pasado 14 de Maio , así como desde o 24 están á espera de que o Sergas responda á solicitude de Mediación pedida polo devandito Comité de Folga. Ata a data non hai resposta a ningunha das dúas peticións.
Mentres tanto, os traballadores continuarán en folga e mostran a súa preocupación para afrontar o seu traballo durante o verán tras os últimos incumprimentos dos servizos mínimos. Ante a indiferenza e o nulo interese mostrado polo Sergas, nas reunións realizadas nas diferentes zonas de Galicia,acordouse participar na concentración que terá lugar o vindeiro xoves 13 ás 17 h con motivo da reunión do Consello Técnico de Atención Primaria no edificio administrativo do Sergas e á que convidamos a toda a ciudanía e persoal sanitario a unirse.

Comentar noticia

Your email address will not be published.