A PAH convoca movilización este xoves 18 por inminente desaloxo

Publicado por o día 16/09/2014 na sección de PAH Vigo,Social

A PAH convoca movilización este xoves 18 por inminente desaloxo
A PAH de Vigo precisa da vosa axuda. Dependen de ti, de todas e todos que se queden na rúa. Elas son o importante e só a presión cidadá pode salvalas. Non te quedes na casa e si non podes acudir, mostra o teu apoio nas redes sociales, avisar aos amigos, en casa, difundilo no traballo, na cafetería ou bar,no “Super” … que se saiba que Ángeles, Teresa e Carlos  quédanse na rúa. Non o permitamos elas, te necesitan.
XOVES 18 as 11 horas diante da Xunta (Vigo )
Praza da Estela(Concepción Arenal )

Son máis de 50.000 persoas as que malviven hoxe por baixo o limiar da pobreza na nosa cidade, no límite da súa propia subsistencia. Máis da metade están no paro, boa parte delas desde hai anos. Persoas que non poden afrontar o pago das súas necesidades básicas e que dependen en grande medida de organizacións asistenciais para o facer. Iso, ou viviren directamente en exclusión social.

Unha emerxencia social de pagos de Aluger, da auga, da luz do repago de mediciñas … de necesidades alimentarias e a emerxencia habitacional como a que leva a TERESA, CARLOS e ÁNGELES o desaloxo da Vivenda.

¡¡ SO A MOVILIZACIÓN SOCIAL PODE IMPEDILO !! 
PAH VIGO-TUI-BAIXO-MIÑO