Este sábado 21 de novembro a xente do Espazo Aberto Antimilitar, do G.A.S. e da ODS-Coia organizamos:
– Palestra: “A cen anos do Congreso Internacional da Paz. Ferrol 1915”. A cargo de Eliseo Fernández, investigador especializado no movemento obreiro galego en xeral, e no anarcosindicalismo e o anarquismo en particular. Será o sábado 21 ás 20h00 no local da cooperativa Árbore (R/López Mora 30 – Vigo).
Cando un século atrás sinalados militantes do obreirismo galego de raíz anarquista fixeron súa a tarefa de dar vida a un evento que marcara distancias entre os bandos enfrontados durante da I Guerra Mundial, facendo fincapé na responsabilidade última do proletariado ante a guerra, poucos imaxinaron os obstáculos de todo tipo que deberían sortear para que un tal acontecemento callara. Porén, foi posíbel. Non entanto, aquel apelo á fraternidade entre pobos mantén, na altura, toda a súa actualidade nunha época definida pola proliferación de conflitos bélicos nun escenario de guerra global permanente.
PRENSA ODS COIA
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.